Logo
C

CERSIA Empresa

55 employees

CERSIA Empresa é o edificio municipal para a dinamización económica da cidade. O servizo nel proporcionado e mesmo as súas instalacións están ao servizo das entidades que forman ou pretenden formar parte do tecido económico e empresarial do concello de Santiago. Como unha das sedes da Concellaría de igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo nel atópase a Oficina de Promoción Económica e Emprego do Concello de Santiago. Nel préstanse servizos de Información e orientación laboral, Axencia de Colocación e Información e asesoramento a persoas emprendedoras e empresarias. Tamén dispón dun rexistro auxiliar e acolle as oficinas da Concellaría de Educación. As entidades interesadas en facer uso das instalacións do edificio CERSIA Empresa deberán enviar un email a [email protected] indicando o espazo ou espazos que precisa reservar, a data e horario de reserva, e mais un teléfono de contacto. As instalación que o CERSIA Empresa pon á disposición das entidades son as seguintes: Salón de actos Capacidade para 201 persoas Equipado con pantalla, canón e sistema de son Salas de formación Dúas salas, con capacidade para 22 persoas (modelo auditorio) Posibilidade de distintas montaxes Equipadas con pantalla e canón Aula de informática Capacidade para 18 persoas Equipada con pantalla e canón Sala de reunións Capacidade para 16 persoas Equipada con pantalla e canón + info: [email protected]

Basic info

Industry

Government Administration

Sectors

Government Administration

Date founded

2004

FAQ