Saúde Mental FEAFES Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, creada en 1995 e que actualmente agrupa 12 asociacións repartidas por toda a comunidade autónoma galega. A súa misión consiste na mellora da calidade de vida das persoas con enfermidade mental e as súas familias, a defensa dos seus dereitos e a representación e defensa do movemento asociativo FEAFES en Galicia, brindando apoio e coordinación ás asociacións que a integran. A través das asociacións e das nosas delegacións, estamos presentes activamente nunha trintena de localidades galegas e representamos ao colectivo de persoas con enfermidade mental da comunidade.
1995